Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FONDOS PÚBLICOS

Dous millóns de euros para os colexios privados que rexeitan a educación mixta

A CIG-Ensino sostén que esta é a cantidade que recibiron da Xunta os cinco centros do Opus Dei que, en Vigo e na Coruña, segregan os alumnos por cuestión de sexo.

Redacción - 11:30 14/11/2008

Máis de dous millóns de euros iso é o que percibiron da Xunta os cinco centros do Opus Dei a pesar de non permitir a educación conxunta de nenas e nenos. A CIG-Ensino que con estes fondos subvenciónanse seis unidades de Primaria e catro da ESO nos centros de Las Acacias, Montecastelo e Aloya, en Vigo; e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.

Tal e como informabamos o pasado mes de setembro, a Consellaría de Eduación mantiña o concerto cos centros educativos que separaban nenas e nenos. Logo de que os diferentes sindicatos con presenza no ensino criticasen estas subvencións, Touriño garantiu que o vindeiro curso non haberá máis axudas a colexios que non permitan a coeducación.

A CIG-Ensino sinala que tivo un encontro coa conselleira na que exixiu unha actuación inmediata para que os centros deixen de percibir fondos públicos. Segundo o sindicato, a consellaría xustificou a súa posición argumentando que non podía actuar até o vindeiro curso porque non había probas. Porén, lembran, que nas propias páxinas dos centros recoñecen que impiden a matriculación conxunta de rapazas e rapaces.


4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: