Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
II Bienal Literaria 'De pedra e de palabra'

As letras galegas ollan cara ás periferias literarias

Este luns escoitaranse creacións recentes filipinas, bengalís e marroquís, e debaterase sobre 'crise mundial e literatura'.

Redacción - 12:00 27/10/2008

A segunda edición da Bienal Literaria Internacional 'De pedra e de palabra', organizada polo Pen Clube de Galicia, continúa en Compostela achegando a posibilidade de coñecer as literaturas contemporáneas de África e Asia, coa presenza de autores e investigadores de primeira liña. As xornadas, que comezaron o sábado coa presenza destacada do Nóbel Gao Xingjian, chegarán até o xoves 30, coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín, e unha homenaxe ao finado Ramiro Fonte. As conferencias e debates teñen lugar no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea e máis no anexo Museo do Pobo.

A xornada do luns do encontro abrirase cunha mesa redonda sobre as 'literaturas africanas emerxentes'Justo Bolekia Boleká (Guinea Ecuatorial), Wilfrid Miampika (Congo), Jorge Arrimar (Angola) e Manuel Outeiriño (Galiza) e a moderación de Carlos Quiroga. A seguir, Marciano R. de Borja (Filipinas) e Abdul Qadir al Chaoui (Marrocos) realizarán unha achega á literaturas contemporáneas de ambos os dous países.

Xa pola tarde, Subhro Bandyopadhya fará o mesmo coa creación literaria en lingua bengalí que se veu realizando nos últimos anos na India e Bangladesh.Tamén pola tarde, a partir das catro e cuarto, terá lugar unha interesante mesa redonda na que Eduardo Bettencourt Pinto (Angola), Solomon Hailemariam (Etiopia), Kanat Kabdrakhmanov (Kazakhstan) e Anxo Angueira (Galiza) debaterán sobre a 'Crise mundial e as literaturas'.

A xornada do luns pecharase no auditorio do Museo do Pobo, a partir das oito da tarde cun recital poético no que participarán Justo Bolekia (Guinea Ecuatorial), Subhro Bandyopadhyay (Bengala-India), Bachar Zarkan (Siria), Eduardo Bettencourt Pinto (Angola), Úrsula Heinze (Alemaña-Galiza), Luís González Tosar (Galiza), Víctor Campio Pereira (Galiza) e Luz Pozo Garza (Galiza).

Xornada do martes
Na xornada do martes o máis interesante será a mesa-coloquio sobre "Inmigrantes con palabras", na que participarán Romeo Gbaguidi (Benin), Joaquim Arena (Cabo Verde), Saeid Hooshangi (Iran) e Victor Omgba (Camerún), moderados por Bieito Iglesias. Antes, realizarase unha ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres, e o profesor Alonso Montero lerá a chamada "Declaración de Bonaval-Literario", no propio parque de Bonaval. A sesión da tarde estará centrada na poesía de India, con dúas conferencias a cargo de Vijayakumaran C.P. e Guillermo Rodríguez, e o espéctaculo de poesía mística en danza 'Bhakti', realizado por Mónica de la Fuente.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: