Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A patronal une forzas

As pequenas e medianas empresas galegas traballan xuntas na procura de saída comercial

Este sábado desenvolveuse o Encontro da Empresa Galega, unha xuntanza entre empresariado do país, estranxeiros e a administración para buscar vieiros de colaboración dunha e outra beira do Atlántico.

Redacción - 20:40 25/10/2008

O sábado en Compostela desenvolveuse o I Encontro da Empresa Galega, organizado pola Rede Galega de Empresas no Auditorio do Galicia, en Compostela. A mañá comezou coas intervencións do presidente da Rede Galega de Empresas, Benigno Pereira; o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, a directora xeral de Comercio, Ana María Rúa Souto, e a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.

Despois, principiou unha mesa-coloquio na que participaron representantes do Ministerio de Economía e Finanzas do Uruguai e da Agência do Desenvolvimento Económico do Estado de Ceará (Brasil), alén de representantes da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, e a Asociación de Empresarios Galegos de Madrid.
Segundo lle contou a Vieiros Manuel Vázquez, membro da directiva da Rede Galega de Empresas, durante a xornada da tarde, en distintos grupos de traballos, estabelecéronse varias contactos entre empresarios galegos e empresarios do Brasil e Uruguai, co que quedaron "vías abertas a vindeiros proxectos en distintas áreas".

Unindo forzas e procurando novos mercados ante a crise
En canto ao apoio do Goberno, Vázquez sinalou que ámbolos dous conselleiros presentes na xornada (Suárez Canal e Fernando Blanco) destacaron a importancia de crear asociacións de empresas do país como a Rede, que xeren "a sinerxía necesaria para que a pequena e a mediana empresa colaboren nos negocios a nivel europeo e internacional, xa que unidas poden optar a distintos proxectos, sobre todo fóra das nosas fronteiras". Para Manuel Vázquez, é importante que as empresas aproveiten estas oportunidades no "actual contexto de crise, no que se ve necesario saír fóra e investir noutros países, e no que se abre un amplo abano de pobos cos que comerciar", concluíu.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: