Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
POSESIÓNS DIABÓLICAS

En Galiza hai máis exorcismos porque "a maxia está moi estendida"

O autor de 'Memorias dun exorcista', un crego madrileño, di que, pola contra, en Castela ou en Valencia hai menos casos "porque son terras máis cristiás".

Redacción - 17:30 20/10/2008

Un sacerdote católico madrileño, autor de Memorias dun exorcista, asegura que Galiza rexistra máis exorcismos ca outras zonas do Estado Español. Segundo José Antonio Fortea, que presentou este luns o seu libro, é debido a que aquí "a maxia está moi estendida", fronte a Castela ou Valencia, "terras máis cristiás, con maior práctica relixiosa e con menos problemas neste campo".

Nunha entrevista concedida a Europa Press, o exorcista, un dos cinco que existen no estado, tamén advirte que "as grandes cidades promoven tipos de esoterismo moi perigosos". De todos os xeitos, só atenden uns catro casos de posesión demoníaca ao ano.

Entre os síntomas, salienta o cambio de voz, convulsións, trances, berros blasfemos ou o uso de linguas descoñecidas para o posuído. No seu libro, Fortea conta as súas experiencias a xeito de diario.


3.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: