Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Perto de 75 millóns de persoas morreron de fame no último ano

Cerca do 15% da poboación sofre graves problemas de desnutrición, entre eles 19 millóns de nenos.

Redacción - 19:25 16/10/2008
Miles de persoas morren todos os días por causa da fame

Miles de persoas morren todos os días por causa da fame

Este xoves celébrase o Día Mundial da Alimentación, no que diferentes asociacións aproveitaron para denunciar os problemas nutricionais que sofre parte da poboación. Hoxe existen no planeta 923 millóns de persoas que padecen graves problemas de saúde derivados da fame. A situación non amosa síntomas de mellora, e no último ano morreron 75 millóns de persoas debido a problemas alimenticios. Dentro desta poboación atópanse 19 millóns de nenos que están a punto de morrer polos mesmos motivos.

A crise alimenticia afecta de maneira especial ao 14% da poboación mundial, que ten serios problemas de saúde derivados da fame. Estas persoas viven en países que basean a súa manutención en produtos como millo, leite ou arroz. Estes alimentos subiron considerablemente o seu prezo nos últimos meses, e os países en cuestión non contan cun sistema económico forte capaz de afrontar o aumento do prezo.

19 millóns de nenos están ao borde da morte
Un informe difundido polo observatorio Hunger Watch revela que hoxe hai no mundo 19 millóns de nenos cuxa vida corre serio perigo debido á fame. A solución a curto prazo pasaría por un tratamento nutricional que supón un custo de tres mil millóns de euros. Esta cantidade equivale, por exemplo, aos avales que o goberno español destinou aos promotores inmobiliarios, a través do Instituto de Crédito Oficial.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: