Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INAUGURACIÓN DO CURSO E CONCERTO

A Central Folque enche o fol

O sábado comeza o curso; antes, o xoves á noite, os profesores do conservatorio ofrecen un concerto público na Igrexa da Universidade, en Mazarelos.

Redacción - 13:00 09/10/2008

Guadi Galego, Ugia Pedreira, Edelmiro Fernández, Pedro Pascual, Óscar Fernández, Quim Farinha... Grandes nomes da música galega, que poderían compoñer un grupo folk de categoría estelar. Profesores todos da Central Folque, que este xoves ofrecerán un concerto de balde na Igrexa da Universidade (antes, Igrexa da Compañía), na praza de Mazarelos. Comezará ás oito e media da tarde; no espectáculo combinaranse as actuacións individuais e colectivas do profesorado e, ademais, haberá convidados especiais.

Será o auténtico acto de apertura do curso 2008-2009 da Central Folque, que oficialmente abrirá as súas portas o sábado pola mañá, dando inicio ás aulas. Durante a semana pasada desenvolvéronse as probas de acceso para os distintos instrumentos, por ter as clases un número máximo de inscritos de 16 alumnos (trátase de clases individuais) e polo gran número de preinscricións que se recibiran, que en canto ou gaita chegaban ás setenta persoas en cada curso.

Bota a andar a Escola de Música Tradicional de Lugo
Por outra banda, a primeira Escola de Música Tradicional multidisciplinar da provincia de Lugo comezará a funcionar a principios do mes de novembro. Será xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.Se se cumpre o calendario previsto, o prazo de matrícula para o novo curso será aberto a próxima semana, previsiblemente o luns. O catálogo de materias inclúe gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto, pandereita, percusión, requinta, linguaxe musical e investigación etnomusicológica.


4.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: