Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AXENDA DE CONCERTOS

Stereolab e Calexico, estrelas do outono musical galego

Polos escenarios do país pasarán tamen The Residents, Gogol Bordello, dEUS ou The Wedding Present.

Redacción - 13:00 04/10/2008

Ven aí un final de ano no que nomes moi importantes da música internacional pasarán polos escenarios do país. Os composteláns non terán queixa, pois a Sala Capitol ten preparado un final de ano moi movido, comezando polo ciclo Verborock, que traerá catro cantautores eléctricos: Nacho Vegas, Sr. Chinarro, Josele Santiago e José Ignacio Lapido, catro grandes do pop-rock en español. Ademais, en outubro pasarán por Capitol os belgas dEUS, en novembro os británicos The Wedding Present e en decembro Gogol Bordello.

Pontevedra concentrará outra serie de concertos ben interesantes. O Pazo de Congresos da cidade recibirá a Stereolab e aos históricos e orixinais Residents. E en Vigo, chegarán xa en xaneiro Calexico. E moitos máis... Eis unha selección da programación das salas e escenarios galegos nos vindeiros tres meses:

Outubro

4 de outubro. The Posies. Sala Mondo (Vigo)
9 de outubro. Facto Delafé. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
9 de outubro. The Blows. Sala Nasa (Santiago de Compostela)
12 de outubro. Toumani Diabaté. Pazo da Cultura (Pontevedra)
18 de outubro. Josele Santiago. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
18 de outubro. 981 Festival. Playa Club (A Coruña)
18 de outubro. Russian Red. Fábrica de Chocolate (Vigo)
18 de outubro. Hidrogenesse. Sala Karma (Pontevedra)
23 de outubro. dEUS. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
24 de outubro. Nacho Vegas & Cristina Rosenvinge. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
24 de outubro. La Habitación Roja. Sala Karma (Pontevedra)
25 de outubro. La Habitación Roja. Fabrica de Chocolate (Vigo)
31 de outubro. Paul Gilbert. Sala A (Vigo)

Novembro
1 de novembro. Lapido. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
7 de novembro. Sr. Chinarro. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
7 de novembro. Extremoduro. Recinto Feiral (A Coruña)
8 de novembro. Extremoduro. Recinto Feiral (Pontevedra)
10 de novembro. Joan as Police Woman. Fábrica de Chocolate (Vigo)
15 de novembro. Wedding Present. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
15 de novembro. Clovis. Café&Pop Torgal (Ourense)
21 de novembro. Stereolab. Pazo da Cultura (Pontevedra)
24 de novembro. Pantaleimon + Lightning Bolt. Auditorio do Marco (Vigo)

Decembro
9 de decembro. Residents. Pazo da Cultura (Pontevedra)
11 de decembro. Gogol Bordello. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
12 de decembro. El Columpio Asesino. Playa Club (A Coruña)
13 de decembro. El Columpio Asesino. Fábrica de Chocolate (Vigo)
17 de decembro. Asian Dub Foundation. Sala Capitol (Santiago de Compostela)

Xaneiro
16 de xaneiro. Calexico. Centro Cultural Caixanova (Vigo)


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Tomorrow is already here', de Stereolab

'Quattro', de Calexico

'Kennedy', de the Wedding Present