Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDO REALIZADO POLA UNIVERSIDADE DE CALIFORNIA

Tabaco normal e light transmiten semellantes cantidades de nicotina

A Organización Mundial da Saúde tamén alertou estes días sobre o perigo que supón o uso dos cigarros electrónicos.

Redacción - 14:00 05/10/2008

Este estudo da UCLA, racha coa mítica idea do tabaco light como menos nocivo para a nosa saúde. Así, revela que aínda tendo o tabaco normal unha maior cantidade de nicotina na súa composición, a cantidade desta sustancia que chega ao cerebro é semellante á dos cigarros baixos en nicotina.

Isto é así porque unha vez que o tabaco entra no noso organismo chega ao cerebro e alí activa unha determinada cantidade de receptores nicotínicos, mediante os que a substancia adictiva entra no sistema nervioso. A cantidade de receptores activados polo tabaco convencional ronda o 88% dos totais, cantidade semellante á que nos deixa como resultado o tabaco light.

A OMS pon en dúbida os cigarros electrónicos

Por outra parte, o director da Iniciativa Sen Tabaco da OMS, Douglas Bettcher, advertiu de que non existe unha evidencia científica de que este tipo de cigarros axude a deixar de fumar. É por iso que aínda non foron recoñecidos como terapias lexítimas, ao nivel da goma de mascar ou os parches.

Estes cigarros están compostos por unha barra metálica que ten no seu interior unha cámara con nicotina líquida e outros compoñentes tóxicos. Á espera das probas toxicolóxicas, Bettcher afirmou que "non están seguros" sobre a composición de estes compoñentes. O uso dos cigarros electrónicos é habitual en espazos públicos nos que está prohibido fumar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: