Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo recolle este luns o DOG

Educación rectifica: poderase estudar Literatura Galega do Século XX en BAC

Despois de diferentes accións e de recoller máis dun milleiro de sinaturas, a CIG–Ensino felicítase da nova.

Redacción - 11:00 29/09/2008

O alumnado de bacharelato que o desexe poderá estudar a materia de Literatura Galega do Século XX, tal e como o viña facendo até o de agora. Así se desprende dunha orde aparecida no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste luns, unha medida que vén a corrixir outra do pasado xuño. Entón, a Consellaría de Educación publicara outra orde que estabelecía a relación e currículo de materias optativas a ofertar polos centros educativos, dos que se suprimía tanto esta materia como a de Literaturas Hispánicas, Literatura Universal e Contemporánea e Xeoloxía. A CIG-Ensino iniciou daquela unha campaña exixindo a rectificación de Educación: pedían o restabelecemento desas materias como optativas. No caso da Literatura Galega, dende este sindicato criticaron a medida por impedir aos alumnos o afondamento no estudo e coñecemento da nosa cultura, así como por avanzar na desgaleguización do ensino.

Dende ese momento iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas (entregaron máis dun milleiro) e recibiron o apoio dos directores dos departamentos de Lingua Galega das universidades de Santiago e A Coruña, así como iniciaron os trámites para presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza. Dende CIG–Ensino felicítanse desta medida, aseguran que se fai xustiza e anuncian que retirarán o seu recurso.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Consellaría de Educación atendeu finalmente a demanda da CIG-Ensino
A Consellaría de Educación atendeu finalmente a demanda da CIG-Ensino
A literatura galega volverá a ser unha opción para o alumnado
A literatura galega volverá a ser unha opción para o alumnado
Os alumnos de BAC poderán estudar Literatura Galega do século XX
Os alumnos de BAC poderán estudar Literatura Galega do século XX