Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A REDE SOCIAL LANZA UN NOVO SERVIZO PARA OS SEUS USUARIOS

Descarga música de forma gratuíta a través de MySpace

MySpace vén de lanzar un novo servizo que permitirá aos seus 120 millóns de usuarios descargas centros de miles de cancións das principais compañías discográficas do mundo.

Redacción - 13:47 26/09/2008
MySpace abre as portas ás descargas musicais

MySpace abre as portas ás descargas musicais

O sistema funcionará de tal maneira que as cancións non estarán protexidas contra copia, pero para transferilas a reproductores de mp3 será necesario mercalas no portal Amazon.com a partir de 79 céntimos de dólar por canción.

O máis novidoso da proposta de MySpace é que os usuarios poderán crear listas con ata 100 canción e expoñelas no seu perfil, co que contribuirá á popularización de novos álbumes.

O propósito de MySpace é superar á tenda online de Apple, o iTunes, que é o líder en distribución en liña de música nos Estaods Unidos.

Para isto, a rede social de MySpace asinou acordos con discográficas como Sony BMG Music Entertainment, Universal Music Group, EMI e Warner Music Group e con distribuidores dixitais de música como The Orchard e Sony ATV/Music Publishing.

FWWWRANDO


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: