Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Xunqueira (Allariz-Maceda)

Ferido un traballador dunha brigada de incendios logo de recibir varios disparos

Un individuo coa cara tapada disparoulle cando regresaba pola estrada ao seu domicilio, despois de traballar co grupo de extinción de Xinzo.

Redacción - 11:35 23/09/2008

Sucedeu despois das catro da madrugada, na vía que une as localidades de Piñeira e Xunqueira de Ambía (Allariz-Maceda). Ao parecer, o ferido, de 35 anos de idade e veciño de Cerdeira (Xunqueira) regresaba no seu vehículo despois de traballar coa brigada de extinción de incendios de Xinzo de Limia. Atopou a estrada obstaculizada por ramaxes e, ao baixar para retiralos, un individuo disparoulle na ingua.

O ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), onde está ingresado con prognóstico reservado. De momento estanse a investigar as circunstancias e motivos do suceso.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: