Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O 27 de setembro ás 12, no peirao de Curuxeiras

Pedaladas en Ferrol a prol da circulación en bici

Esta fin de semana vai ter lugar a segunda Masa Crítica para defender a circulación nun transporte barato, san, non contaminante e rápido.

Redacción - 16:50 23/09/2008

Esta fin de semana unha nova xuntanza da Masa Crítica de Ferrol, un movemento cidadán a prol dun outro xeito de movernos diferente do automóbil. A segunda Masa Crítica Galega de Ferrol pretende ser unha xornada lúdica e reivindicativa onde ciclousuarios de todo o país divulgan e promoven o uso da bicicleta como medio de transporte máis eficaz, porque é barato, san, non contaminante e rápido.

A marcha sairá ás 12 da mañá do sábado 27 de setembro, dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol. Ao seu remate haberá xogos populares, música e actuacións. O movemento Masa Crítica organízase en cidades de todo o mundo baixo o lema "pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes".

Este movemento comezou hai máis de 15 anos en San Francisco, cando un ciclista deuse de conta de que as condicións para pedalear polo centro da cidade eran realmente penosas e pensou que circulando todos xuntos gañarían forza.

O nome "Masa Crítica" vén dun filme documental de Ted White Return of the Scorcher (1992) logo de observar un comportamento singular nos miles de chineses que viaxan en bici. Naqueles cruces non regulados por semáforos, os ciclistas agardan uns por outros até xuntarse tantos que poden atravesar sen risco, actuando como unha masa crítica que aproveita a forza do seu número para deter o tráfico mentres circulan.

Máis información en bicis.info.


Ligazóns

4.67/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: