Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADXUDICACIÓN

Fernando Blanco agradece a "preocupación" de Medio Ambiente e Política Territorial polo concurso eólico

O conselleiro de Innovación e Industria asegura que se resolverá dun xeito transparente e nos prazos previstos

Redacción / EP - 18:35 16/09/2008

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asegurou que se cumprirán os prazos do concurso eólico e que se vai respectar un "proceso transparente". Deste xeito, contestoulles ás consellarías de Medio Ambiente e Política Territorial, xestionadas polos socialistas, e que amosaron a súa "preocupación" pola convocatoria da comisión de avaliación para resolver a adxudicación.

Blanco dixo, con retranca, que o "emociona ese apoio indubidábel" e "esa preocupación que teñen moi altruísta" polos prazos para convocar a comisión, da que forman parte un vogal das consellarías con competencias en Medio Ambiente e Urbanismo, en mans do PSdeG, e Montes, que xestiona o BNG.

O conselleiro 'agradeceulles' ás consellarías por se preocupar por "temas doutros departamentos do Goberno", malia "os problemas que teñen". O concurso eólico ten previsto adxuticar 2.325 megavatios de potencia antes do 17 de decembro.

Fernando Blanco defendeu, tamén, que o procedemento será "transparente" e que "se cumpri┼Ľan os prazos marcados", e incidiu en que "a preocupación neste momento debe ser a de darlle estabilidade ao Goberno diante dunha situación de crise económica".


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: