Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO

Komunikando busca o festivaleiro do ano

O portal musical galego vai recibir durante este mes candidaturas de persoas que acrediten ter acudido a máis festivais do país.

Redacción - 11:00 04/09/2008

A web especializada en música Komunikando anda á procura da persoa máis festivaleira do país. Para premiar esa entrega á festa e aos festivais musicais acaba de crear o primeiro Premio ao Festivaleiro do Ano.

Segundo explica un dos responsábeis da web, Anxo, a distinción vai dirixida "ao festivaleiro que percorre e participa en máis festivais, esa xente que sobe ao palco, que sempre está até o remate". Ten a filosofía dun premio, non dun concurso. Todo o mundo pode propoñer a súa candidatura, enviando unha fotografía ou vídeo que acredite a súa presenza nun festival e incluíndo comentarios ou contando unha anécdota sobre a festa.

As achegas incluiranse na web de Komunikando, onde a comunidade pode ir apoiando con comentarios cada unha das propostas. A convocatoria estará aberta até finais deste mes de setembro. Despois, un xurado de membros de Komunikando decidirá, aínda que terá moi en conta a foto ou vídeo máis orixinal e a resposta do público a través dos comentarios.

No mes de outubro, durante un festival, farase a entrega do premio, que será o zocófono, o logotipo de Komunikando.

As bases para participar estarán expostas na web, aínda que poderá participar calquera persoa do mundo que acredite que foi a un festival. Así que... xa sabedes, xente festeira, verbeneira e festivaleira. A amosar como o pasastes este verán!


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: