Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE ECONÓMICA

Os expertos vaticinan recesión para 2009

As previsións económicas deparan o crecemento negativo para o Estado Español e a Eurozona, mentres que revisan á alza as previsións para Estados Unidos.

Redacción - 11:30 03/09/2008

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) vén de adiantar as súas expectativas económicas, das que se desprende que o grupo dos sete países máis industrializados (Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Italia e Xapón) seguirán a atravesar debilidades até finais de ano. É máis, prevén unha desaceleración que será particularmente intensa na zona euro, na que os ingleses serán os que teñan que facer fronte ás peores dificultades. Segundo as súas previsións, a economía británica tería un crecemento negativo xa nos dous últimos trimestres do ano, por mor do afundimento dos prezos inmobiliarios, entrando así nunha recesión.

Ameaza de recesión
A cuestión inmobiliaria é tamén a que máis afecta ao Estado Español, onde o retroceso dos prezos e da actividade da construción continuarán a afectar á situación económica. Así, segundo a OCDE, o volume de transaccións continuará declinando. Neste mesmo sentido se pronunciou o banco estadounidense Standard & Poor's: asegura que mentres Alemaña e, en menor medida, Francia, serán probabelmente quen amosen máis resistencia ás dificultades, a economía española experimentará ao menos dous trimestres de crecemento negativo, é dicir, chegará a recesión.

Doutra banda, os expertos desta axencia de cualificación de riscos cren que Italia e Irlanda entrarán tamén en recesión técnica, polo que terán que afrontar nove meses cun crecemento moi inferior ao potencial. De todos os xeitos, consideran que a data fin deste período non irá máis aló do segundo trimestre de 2009, grazas a unha alza na demanda interna e á maior debilidade do euro, o que impulsará as exportacións.

En canto aos Estados Unidos, a OCDE revisou as súas previsións á alza despois de que o seu crecemento económico fose case dúas veces máis forte do previsto (do 3,3%); agora anticipan un crecemento do 1,8% este ano, unha cifra que supera a previsión anterior (1,2%) ao estar o estímulo fiscal que poi percibido máis rápido do previsto por consumidores e empresarios. Pola súa banda, o Fondo Monetario Internacional (FMI) é máis pesimista sobre a economía mundial, xa que só prevé un crecemento do 1,3% ao ano para os Estados Unidos e un 1,4% para a Eurozona.


2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: