Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DOS GANDEIROS

Cae o prezo dos cereais pero non repercute no dos pensos

Unións Agrarias demanda a goberno medidas que rematen coas prácticas especulativas na distribución comercial.

Redacción - 11:30 16/08/2008

O prezo dos cereais caeu un 17% nos últimos meses, un descenso que, pola contra, non tivo o seu paralelo nos pensos que mercan os gandeiros. Mais ao contrario, o alimento dos animais subiu máis dun 30 por cento para a maioría de sectores da gandeiría intensiva (porcino, coellos, vacún de carne) e ate un 45% no caso do vacún de leite.

Unión Agrarias
esixe ás industrias que apliquen de xeito inmediato estas baixadas aos prezos, ao igual que o fixeron no pasado cando a cotización dos cereais experimentara un aumento importante no seu custe. A formación agraria subliña ademais a difícil situación que están a atravesar moitos produtores por mor do comportamento dos mercados agroalimentarios, xa que están a vender mesmo por baixo dos custes de produción.

Ademais, dirixen as súas reivindicacións cara á administración. Piden ao goberno que interveña no mercado para rematar coa especulación, que adopte medidas que corrixan estas prácticas abusivas das industrias e da distribución comercial. Tamén lamentan o funcionamento monopolista do mercado, que lle permite ás industrias pagar uns prezos moi baixos a agricultores e gandeiros, para logo vender os mesmos produtos aplicando unhas marxes que consideran excesivas.


Ligazóns

2/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: