Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
3 ouros, 1 prata e 2 bronces este luns

China comeza a distanciarse no medalleiro

Só Italia conseguiu facerlle sombra nunha xornada onde Corea do Sur relegou aos Estados Unidos á terceira posición do medalleiro.

Redacción - 19:00 11/08/2008
Chen Yanqing coa súa medalla

Chen Yanqing coa súa medalla

A delegación chinesa ven de completar unha espectacular xornada que a consolida no primeiro lugar destes Xogos Olímpicos. Ao esperado ouro en saltos de trampolín uníronse os dous que se disputaron en halterofilia, unha prata en tiro e bronces en tiro con arco e judo. O elevado número das medallas e a diversidade de disciplinas abarcadas por estas, fan que o optimismo se desborde no país organizador dos XXVI Xogos Olímpicos de verán.

Os deportistas italianos tamén tiveron un bo día para ascender ata a cuarta posición do medalleiro, ao colleitar hoxe dúas medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce. En tiro, os dous ouros que se puxeron en xogo foron para India e Finlandia, que abrían así o seu medalleiro pola porta grande.

Só o 4x100 de Phelps cumpre os prognósticos para USA
Agardábase unha xornada de grandes éxitos no Cubo de Auga para o equipo estadounidense de natación, pero os resultados non acompañaron. Na categoría feminina Australia nos 100m bolboreta e o Gran Bretaña nos 100m braza obtiveron relegaron aos norteamericanos a dúas pratas. Nos homes, o 4x100 de Michael Phelps acadou o ansiado ouro, gracias a un espectacular último relevo de Jason Lezak, co que conseguiron remontar unha difícil carreira.

Con este resultado o mozo nadador americano segue tendo ao seu alcance as sete medallas que o seu compatriota Mark Spitz obtivera nos Xogos Olímpicos de Múnic'72. Así, só o 4x100 acadou o resultado agardado dentro de un equipo estadounidense que veu como Corea do Sul lle adiantaba, relegando aos norteamericanos a un pouco habitual terceiro lugar do medalleiro, empatado a ouros con Italia, a outra grande triunfadora da xornada.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Equipo estadounidense de 4x100m libres
Equipo estadounidense de 4x100m libres
O indio Abhinav Bindra despois de obter o ouro
O indio Abhinav Bindra despois de obter o ouro
A italiana Vezzali durante a súa competición
A italiana Vezzali durante a súa competición