Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
60 MIL EUROS

Cineuropa perde a subvención da Xunta para este ano

Repartiranse 300 mil euros entre todos os festivais do país, pero o evento compostelán entregou a súa solicitude fóra de prazo.

Redacción - 11:30 05/08/2008

Tempos de crise económica, de mirar ben o que un merca e a que prezo, de buscar no peto a ver cantos cartiños quedan para final de mes. Tamén para Cineuropa. O festival compostelán, que se celebra todos os anos no mes de novembro, terá que amarrar o peto este ano, despois de perder a subvención que o pasado ano recibiu da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, 60 mil euros que o convertían no evento cinematográfico que recibía unha axuda pública máis importante.

A razón é que o departamento de Cultura do Concello de Santiago entregou tarde a súa solicitude, ficando deste xeito fóra do reparto.

Son en total 300 mil euros que se repartirán entre 26 eventos audiovisuais de todo o país. O Festival de Cine de Ourense será o que reciba unha cantidade maior, un total de 68 mil euros. Tamén contarán con importantes axudas o Play-Doc de Tui (40 mil euros), o Festival de Cinema Árabe AMAL (37 mil), as Xornadas de cine e vídeo do Carballiño (30 mil), Curtocircuíto (24 mil), a Mostra de Curtametraxes de Noia (20 mil), ou o Festival de Cans e a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo (ambos reciben 15 mil).


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: