Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O GRUPO SANTANDER TÍÑAO Á VENDA ATÉ A OFERTA DO ESTADO VENEZUELANO

Presidente Chávez anunciou nacionalización do Banco de Venezuela propriedade do Banco de Santander

O presidente venezuelano, Hugo Chávez, anunciou este xoves que nacionalizará o Banco de Venezuela, un dos maiores do país e propiedade do español Grupo Santander, para o cal pediu aos seus donos reunirse para fixar un prezo.
"Imos nacionalizar o Banco de Venezuela. Fago un chamado (ao Grupo Santander) para que veñan e empecemos a negociar", dixo o presidente da República de Venezuela na alocución transmitida a todo o país.

Xurxo Martínez Crespo - 12:50 01/08/2008

"Hai meses chegoume a información que o Banco de Venezuela, privatizado hai varios anos, estábano vendendo os donos españois; que asinaron un preacordo entre o Grupo Santander e un banqueiro venezuelano, despois o banqueiro venezuelano necesitaba permiso do goberno (venezuelano) para adquirir o banco, porque non é calquera cousa (...) e mandeille a mensaxe aos españois e ao banqueiro venezuelano porque agora o goberno quere mercar o banco, quere recuperalo porque é o Banco de Venezuela, así se chama, o Banco de Venezuela (…) Fainos moita falta un banco desa magnitude", sinalou o presidente venezuelano Hugo Chávez.

O presidente Hugo Chávez lembrou que a entidade financeira é unha empresa que achega moitas ganancias, ingresos que eran levados ao estranxeiro e non investidos no país. Dixo que, a través do vicepresidente de Venezuela, Ramón Carrizález, se enviou unha mensaxe ao Grupo Santander mostrando o interese do Estado para realizar a compra, ao cal a entidade financeira española respondeu que o banco xa non estaba á venda.

Polo tanto, o mandatario fixo este xoves o anuncio público de que o banco se nacionalizaría e de que se iniciarían as negociacións para pagar ao Grupo Santander un prezo xusto pola entidade.

Chávez tamén sinalou que esta decisión soberana venezuelana seguramente causará unha guerra mediática contra a súa persoa e contra Venezuela.

"Non faltarán os titulares da prensa no Estado español, que se Chávez afecta a España... para danar as relacións que acabamos de recompoñer", dixo o presidente, aludindo á visita que realizou a semana pasada ao rei Juan Carlos e ao presidente do Goberno español José Luis Rodríguez Zapatero.

Desde 2007, Chávez ordenou a nacionalización das compañías de telecomunicacións e de electricidade, da siderurxia e das cementeiras Cemex (México), Lafarge (Estado francés) e Holcim (Suíza). Ademais, modificou as empresas mixtas con trasnacionais petroleiras na faixa do Orinoco para controlalas accionariamente.

As nacionalizaciones en Venezuela realizaronse sempre despois de acadar un acordo económico entre as partes e non unilateralmente por parte do Goberno venezuelano.


4,2/5 (5 votos)