Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TEATRO

En Ribadavia continúa o MIT, en Compostela despídese 'Noite de Reis'

O 24 Teatro de Ningures presenta 'Bailadela da morte ditosa' e o 25 o CCG leva ao castelo o seu 'Kiosko das Almas Perdidas'.

Redacción - 12:21 24/07/2008
Unha imaxe de 'Bailadela da morte ditosa'

Unha imaxe de 'Bailadela da morte ditosa'

O teatro continúa en Ribadavia, nos tres últimos días da súa Mostra Internacional. Este xoves 24 o prato forte da xornada será o texto de Roberto Vidal Bolaño Bailadela da morte ditosa, representada por Teatro de Ningures, que comezará ás once da noite no escenario do Castelo. A obra, dirixida por Etelvino Vázquez, presenta seis encontros coa morte noutros tantos cadros.

Ademais, ás oito e media, na Casa da Cultura a compañía madrileña Cachivache presenta La Linterna Mágica. E na Igraxa da Magdalena Teatro en el Aire porá en escena La piel del agua.

Nos dous días seguintes, venres 25 e sábado 26, cando se pecha a Mostra, será o momento do Kiosko das Almas Perdidas, do Centro Coreográfico Galego, que se representará no Castelo o 25 ás once da noite; e de Lagarta Lagarta, que o 26 presentará no mesmo lugar a súa obra Aeroplanos.

Noite de Reis deixa Compostela

Por outra banda, O Salón Teatro de Santiago acolle os días 24 e 25 de xullo as últimas dúas funcións do espectáculo do Centro Dramático Galego Noite de Reis. Ou o que queirades, dirixida por Quico Cadaval. A obra está a repetir o éxito de público obtido na súa primeira estadía no Salón Teatro, colgando o cartel de non hai billetes tanto na función do martes coma na do mércores.

As sesións son ás nove da noite, o xoves 24, e ás nove e media, o venres 25.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Noite de Reis' está enchendo o Salón Teatro de Compostela nas súas representacións
'Noite de Reis' está enchendo o Salón Teatro de Compostela nas súas representacións