Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUVENTUDE na Eurorrexión

A programación para a mocidade achega Galiza a Portugal

Un curso multimedia de portugués é unha das actividades que promove o coñecemento entre mozos galegos e portugueses.

Redacción - 09:00 16/07/2008

Reducir as distancias sociais e culturais, xa que as xeográficas son mínimas. Este é o obxectivo que se marca a Vicepresidencia, da man da Dirección Xeral de Xuventude, que traballa para que haxa unha comunicación fluída entre as administracións de ambas beiras do Miño. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o director rexional da zona norte do Instituto Portugués da Juventude, Vítor Días, fan un balance positivo da colaboración iniciada entre Galiza e Portugal no eido da mocidade.

O traballo feito até o de agora, no marco dos programas europeos Interreg III de cooperación tranfronteriza, permitiu potenciar o asociacionismo xuvenil, promover a formación e dinamización da mocidade con oficinas transfronteirizas, impulsar programas de intercambio, a realización de proxectos culturais conxuntos ou mesmo organizar cursos gratuítos de portugués.

Clases de portugués
Unha das actividades organizadas ao abeiro desta iniciativa son os cursos multimedia de portugués para galegos. Puxéronse en marcha a comezos de ano e, ata o momento, o número de participantes foi elevado, preto de 1.500 no primeiro semestre. Destes, aprobaron xa 132 persoas, das que 88 eran menores de 30 anos. Entre estes últimos celebrouse un sorteo ante notario para premiar o sei interese e capacidade: unha fin de semana en Lisboa e dúas estadías de fin de semana nun albergue xuvenil da zona norte de Portugal.

Tanto Rubén Cela como Vítor Dias apelaron ao idioma como nexo básico e común entre as mocidades galega e portuguesa e felicitáronse de que pouco a pouco remate o descoñecemento mutuo entrambos.


Ligazóns

4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vista do Miño e de Caminha dende Galiza .- flickr
Vista do Miño e de Caminha dende Galiza .- flickr
Rubén Cela e Vítor Dias
Rubén Cela e Vítor Dias
Entrega de premios do curso de portugués
Entrega de premios do curso de portugués