Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os 8º exportadores de material de guerra

O Estado español vende armamento a países que non respectan os dereitos humanos

Segundo un informe do Centro de Estudos pola Paz Delas, a súa política externa vulnera o código de conduta europeo.

Redacción - 09:55 06/07/2008

A investigadora Tica Font advirte no seu informe "Exportacions espanyoles d'armament, 1996-2007" que o Estado Español xa é o oitavo país exportador de armamento do mundo. Neste estudo, baseado nas publicacións do ministerio de industria, a investigadora analiza as exportacións de armamento nos últimos dez anos cualificándoas de “irresponsábeis”, posto que ignoran o código europeo que as regula.

O antedito código estabelece que non se deberá vender armamento a Estados sancionados, inestábeis (Filipinas, Sri Lanka), en conflito armado (Colombia ou Israel), que non condenen o terrorismo, cun nivel de benestar delicado ou que vulneren os dereitos humanos (Indonesia, Kenia, Singapur). Segundo o informe de Tica Font, o Estado Español destinou mais do 50 por cento das exportacións dos últimos dez anos a estes países.

O informe tamén saca á luz que o goberno español vende armamento aos países mais pobres do mundo (Angola, Mauritania), aos que gastan mais cartos en material de defensa que en educación ou sanidade (O Brasil, Paquistán, Turquía) e a aqueles que, como os EUA ou o Reino Unido, manteñen tropas de ocupación ilegal no Iraq e no Afganistán.


Ligazóns

4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: