8bit Crushers son unha banda interracial afincada en Barcelona. Fans das películas de serie B, de Andrés do Barro e do polvo a feira, este trío de power-8bit-pop presentannos a súa canción P.A.Q.U.I.Ñ.A, cantada nun galego "amateur" e con esas melodías e sons sacados dos videoxogos mais clásicos, dos que os máis nostalxicos nos lembraremos. A banda componse por: Nino Rabo (boca), Pedrito Teneté (palmas), Ramón Tonsito (mans). A guerrilla dos 8 bits xa está aquí.
E dende fora eu traio este cantar
Non che son do grobe nen ningún sitio con mar.
Despois de recorre-lo mundo de lado a lado
en tren, en avión ou tirando do carro.
Nin na Madrid capital nen en ningún outro lado
coñecín eu tal muller coma Paquiña de Cambados.
P.A.Q.U.I.Ñ.A.
Eu coñecina nas festas do Albariño
e dende entón estar sen ela para min eche un castigo.
Esa cara ghuapiña, ese corpiño xeitoso
e por riba eses biquiños que me saben a sentolo.
Mira muller, eu non che son ansioso,
para levantarche a saia, esperarei o matrimonio
.....o matrimonioooooooooo
P.A.Q.U.I.Ñ.A.