Organizado polo Ministerio do Poder Popular para a Cultura, a través da Rede de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade, reunirá un centenar de pensadores venezuelanos e internacionais, que deixando de lado a retórica academica, compartirán as súas reflexións abertamente co público e discutirán sobre a alienación, a comunicación e o consumo; tres temas de actualidade que representan desafíos a vencer na construción do novo Socialismo do século XXI.
O IV Foro Internacional de Filosofía en Venezuela contará coa presenza de pensadores de máis de 20 países, entre os cales estarán: Franz Hinkelammert (Costa Rica); Atilio Borón, Luís Bilbao (Arxentina); Theotonio Dos Santos, Heloisa Jochims Reichel (Brasil); John Saxe Fernández, María del Rayo Ramírez (México); Kim Sang-Bong (Corea do Sul); Yamandú Acosta (Uruguai); Pham Van Duc (Vietnam); Keisuke Kikuchi (Xapón); Richard Schmitt, Anatole Antón, Mario Sáenz (Estados Unidos); Santiago Alba Rico (Estado español), entre moitos outros.
Durante o encontro renderase homenaxe ao filósofo caraqueño Ludovico Silva (1937-1988), un das intelectuais venezuelanos máis significativos e importantes do século XX, cuxa obra contribuíu amplamente ao desenvolvemento teórico do marxismo desde os anos sesenta, até os nosos días.
Este Foro realizase ininterrompidamente desde o ano 2005 en diversos espazos culturais de Venezuela, co propósito de contribuír á esclarecemento dos desafíos teóricos que expón a construción dunha sociedade alternativa, capaz de facer fronte ao actual modelo hexemónico. Ademais de ser un dos 10 eventos nacionais que anualmente leva a cabo o Ministerio de Cultura venezuelano.
O acto inaugural terá lugar no Teatro Baralt da cidade de Maracaibo, estado Zulia, o día martes 8 de xullo, a partir das seis da tarde (entrada libre).
Maís nformación sobre os lugares nos que se realizarán foros públicos nas rexións venezuelanas en Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade: www.humanidadenred.org