O seu sucesor, Héctor Soto Castellanos, salientou a "política de inclusión e desconcentración da actividade cultural" levada a cabo estes anos.
O ministro entrante salientou que coa xestión de Farruco Sesto, que vai ocupar a carteira de Vivenda, se logrou a presenza das políticas e accións culturais en todo o territorio nacional "cunha política de inclusión e desconcentración da actividade cultural". Durante a súa actividade na equipa de Sesto enfocou esforzos na participación comunitaria dentro da xestión cultural.