Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
XORNADAS DA OUSLI

Construíndo a web con software libre dende Ourense

Do 23 ao 27 de xuño, programadores e empresarios da rede amosan as posibilidades das novas tecnoloxías no campus ourensán.

Redacción - 17:55 18/06/2008

A Asociación Ourensá de Software Libre, OuSLi, organiza do 23 ao 27 de xuño as súas segundas xornadas de Programación Web con Software Libre. O encontro pretende achegar as últimas novidades nese eido para estudantes e profesionais das TIC. As xornadas contan co apoio de Mancomún e da Universidade de Vigo no campus ourensán.

Os organizadores cualificaron de éxito a primeira edición, polo que aspiran a converter as xornadas nun referente sobre o desenvolvemento web. Para iso, contarán coa participación de relatores de prestixio, como webmasters, programadores e empresarios do país coñecedores das posibilidades do software libre.

A inscrición segue aberta na web das xornadas, encontros.ousli.org, onde tamén se pode atopar información sobre os relatores, a programación ou como chegar a Ourense. Así mesmo, preténdese que se converta nun punto de encontro entre o mundo universitario e empresarial.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: