Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DOCUMENTO ESTRATÉXICO

A Comisión Europea recomendará o uso de software libre

O organismo comunitario publicará nos vindeiros días un texto que pretende acelerar a implantación de sistemas e formatos abertos.

Redacción - 19:25 06/03/2008

A Comisión Europea ten previsto propoñer nos vindeiros días mercar máis programas de desenvolvedores de código aberto. Este movemento é un desafío para Microsoft, o principal fabricante de software do mundo. A empresa pretende evitar que cada vez máis gobernos abandonen os seus programas propietarios en favor de software de código aberto, que lles permite modificalo segundo as súas necesidades.

O goberno neerlandés anunciou en setembro que favorecerá os estándares abertos á hora de mercar software de oficina. Singapur deixou de usar Microsoft Office en 2004 e Múnic decidiu usar sistemas operativos baseados no núcleo de Linux. A comisión prevé publicar axiña un "documento estratéxico" sobre o uso de máis software libre, explicoulle ao International Herald Tribune Valerie Rampi, voceira da comisaria Siim Kallas, encargada de asuntos administrativos. O documento dirá que o software aberto non custa máis e é polo mellor interese da cidadanía europea.

A comisión, que ten arredor de 32.000 traballadores, maiormente en Bruxelas, deu varios pasos en favor do software libre. Porén, a súa adopción por parte dos gobernos foi lenta. O movemento chega no momento en que a comisión está a tramitar dous casos antimonopolio contra Microsoft relacionados co uso dos seus programas de procesamento de textos e follas de cálculo e máis polo seu navegador de internet.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: