Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ATÉ O 20 DE XUÑO

O CGAI organiza un ciclo e seminario sobre Tarkovski

Ademais das proxeccións, xoves e venres o centro acollerá un curso sobre a obra do director ruso, un dos máis influíntes da historia do cinema.

Redacción - 11:00 17/06/2008

Fidelidade a unha obsesión. Titúlase así o seminario que no CGAI durante dous días, xoves 19 e venres 20, analizará a través de seis palestas a obra fílmica de Andrei Tarkovski, un dos directores máis respectados do século XX. O cine de Tarkovski incorpora poesía e pensamento en filmes que van dende as recreacións históricas até a ciencia-ficción. Nos últimos anos a publicación de moitos dos seus textos (guións, conferencias, leccións, diarios) e a presenza de numerosos documentais e filmes sobre a súa figura, revitalizan máis se cabe a proteica dimensión do seu legado.

O curso está coordinado por Miguel Ángel Ramos e Alberto Ruiz de Samaniego, que abrirá as xornadas falando de Iván, o rapaz dos ollos queimados. Seguirá José Manuel Mouriño con Nostalxia e o inaproximable: a man, a terra e o oco, e María Peña con A pausa dramática. Dirección de actores no cine de Tarkovski. O venres Pablo Ruíz Samper analizará O Espello en Imaxe a destempo, Ruíz de Samaniego recuncará con As vicisitudes do lume e da auga: Rublev, e Miguel Ángel Ramos pechará o seminario con Como o naufraxio abandona as barcas. Estética.

Ciclo de proxeccións
O ciclo, que percorre a breve pero densa obra de Tarkovski, comezou o pasado venres 13, permitirá ver non só as sete películas filmadas polo director, senón tamén tres curtas e dous documentais sobre o cineasta, realizados nada menos que por Aleksandr Sokurov e Chris Marker.

Martes 17, 20.00: Solaris (1972)
Mércores 18, 20.00: Stalker (1979)
Xoves 19, 20.30: A infancia de Iván (1962)
Venres 20, 20.30: O espello (1974)
Sábado 28, 18.00: Un día na vida de Andrei Arsenevitch, Chris Marker (1999)
Luns 30, 20.30: Sacrificio (1986)


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: