Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NA CORUÑA, 'FESTIVAL DE DANZA EN PAISAXES URBANAS'

A cidade é para bailar

Do 4 ao 6 de xullo desenvolveranse nas rúas herculinas, e en paralelo en ducias de cidades de todo o planeta, espectáculos de danza contemporánea.

Redacción - 12:30 16/06/2008

A Habana, Londres, Río de Xaneiro, Valparaíso, Berlín, Bilbao, Barcelona, Sevilla..., e Coruña. A cidade herculina é a única do país que se uniu a esta rede de urbes que en xullo celebrarán de xeito conxunto e simultáneo o 'Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas'. Na Coruña a organización corresponde á compañía Entremáns, que intentará levar adiante o obxectivo de "sacar a danza do teatro e levala á rúa, ofrecendo algo impactante". A edición coruñesa recibe o nome de Empape 2008.

En concreto, Entremans renderá tributo á agua bailando nunha fonte pública, e outras formacións, como Pisando ovos, o Centro Coreográfico Galego e Circanelo e Sue, así como numerosas compañías de fóra, ocuparán espazos públicos moi recoñecíbeis na cidade, como o paseo das Pontes, o Parque de Santa Margarida, as esqueiras de Santo Agostiño, a rúa Rego d'Agua ou o castelo de Santo Antón, onde terá lugar a sesión de clausura.

Comeza o Mov's 2008

Así mesmo, este luns comezou na Illa de San Simón Mov's 2008, un Festival de Danza que se celebra en Galiza por vez primeira. O Mov-s defínese como un espazo para o intercambio internacional da danza e as artes do movemento. O Centro Coreográfico Galego (CCG) colabora co Mercat de les Flors de Barcelona na organización do evento, que nesta ocasión terá como temática central as condicións para a creación coreográfica. O Mov's componse de dúas mesas de debate, seis grupos de traballo, presentacións de proxectos, testemuños de artistas e a exhibición de 12 propostas.

O apartado de exhibición abriuse o domingo 15 no Teatro Principal de Pontevedra con Cascuda de Diego Anido. O luns 16, no mesmo espazo, Pisando Ovos representará 30.000 ás 20.30, mentres que ás dez da noite, no Pazo da Cultura, o CCG presentará o seu Kiosko das Almas Perdidas.


4.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: