Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
SOM DO GALPOM

Na cama (22)

Som do Galpom presentan Na cama, "a canción dun rapaz que non se queria erguer, non se queria levantar, non queria facer nada! A sua nai obrígao a ir traballar, porque hai que traballar e facer lle obriga a ir a traballar, porque hai que traballar e facer aljo nesta vida. E lo! Pois este rapaz somos nós tamén, que pensando no futuro e no presente nos debatemos entre o que debemos e o que queremos facer. Entre as obrigas e o pracer. Aprecio o pracer de desprecia-los cartos, si! Pero ó final o rapaz ten que ir traballar. Sinónimo dunha sociedade que marcha cara onde o mandan sen motivación, expresado nunha canción triste no fondo pero con moito humor nas formas. Esperamos que a disfrutedes!" Som do Galpom son Gael de Esteban Bassave (voz), Brais de Esteban Bassave (violín e coros), Xurxo García Climent (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro Garea (baixo e coros) e Aitor García García (batería).

Som do Galpom - 13:57 13/06/2008
Tags:

Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?! Pasa-la vida enteira tirado no sofá, perde-la noción da alarma que sonou deixar que o tempo pase deitado no colchón, da tua habitación sen madrugar prefires pensar que o tempo se detén mentres estés durmido irá todo mui ben sen ter que temer un curro que non gusta, chegar a fin de mes... Escravo do traballo teranche controlado... Pecado ter preguiza non queres traballar o teu profundo sono como modo de vida sen escoitar a bronca do teu xefe os berros dos pais, tanta pergunta atonta ás sete da maña e ti sen ganas só pides paz !. E ti sen ganas só pides paz !.
Nada que gañar todo por perder a man de obra sobra nas listas do INEM, podiamos pagar por ir pasalo ben ou non: e ti que cres ?!. E ti que cres ?!.
Sen ataduras, sen amarguras, sen aturar o malestar que dia a dia provoca no teu corpo o ter que erguerse xa !. Provoca no teu corpo o ter que erguerse xa!.
Co ben que estás na cama, da cruda realidade escapa, ca porta do cuarto pechada, mellor estar durmindo descansa que ser un morto en vida lacazán !.Na cama ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....E soñas noutros mundos e a noite xa pasou estás quentiño na cama e xa saiu o sol. Non é doado erguerse cando algo non che fai, ausente o aliciente persigues un fin, ficar fumado lendo os contos de Tintín. Perguntan por min ti dilles que non vou mamá estou magoado non poderei currar máis, aprécio o pracer de despreciar os cartos roncando a perna solta, soltando babas nas sabas serán as tres que ben safando das tarefas que queren impoñerte; tes medo a sair cedo da tua casa, para que che pregunten: estudas ou traballas !. Para que che pregunten: estudas ou traballas !.
Que cona fas rapaz, non queres facer nada admiras unha vida que sexa regalada sen as obrigas da monotonia laboral, manten-te firme como os zombies de Thriller bailando Michael Jackson ; os anos pasan a presa cas presas do traballo !. Os anos pasan a presa cas presas do traballo !.Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: