Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nova web da CTNL

"Cada vez hai máis medo a tomar medidas claras e decididas a prol da lingua"

Así o expresa cun artigo de opinión Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, que esta semana estrea novo punto de encontro en internet.

Redacción - 09:30 13/06/2008

"Parece ser que o que antes se adxectivaba como harmónico, pasou agora a adxectivarse como libre e integrador. Mais, que o que antes era, que agora siga a ser. Múdanse os adxectivos, mantense o substantivo". Así inicia a súa reflexión Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, nun dos artigos cos que abre o novo espazo do colectivo en internet.

A web inaugura nova etapa tamén cunha entrevista a Henrique Monteagudo, sociolingüista e director do Centro de Documentación Sociolingüística. En conversa con Concha Diéguez, Monteagudo fai, entre outros, balance crítico dos últimos tres anos de política lingüística do Goberno, conta da nova etapa que pode iniciar o CDSG e relata en que consisten os novos estudos superiores de Planificación lingüística.


A CTNL promete facer a través desta web un repaso continuo de toda a actualidade sobre o proceso de normalización lingüística, con noticias, convocatorias, opinións, entrevistas e análises; con completa información sobre a asociación; información sobre recursos e outros contidos. "Un espazo no que se pretende centralizar toda a información de interese no proceso de normalización da lingua galega", apuntan. Anuncian ademais entrevistas periódicas con diferentes persoas relacionadas co mundo da lingua e análises sobre accións de normalización, campañas, proxectos, publicacións ou ferramentas para a lingua.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: