Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O DOMINGO EN POBLET (CATALUÑA)

Os escritores galegos, vascos e cataláns únense no Galeusca literario

En representación da AELG asistirán ao acto de constitución Cesáreo Sánchez e Mercedes Queixas.

Redacción - 13:05 11/06/2008

A constitución desta federación coincide coa celebración do 25 aniversario do Galeusca, un encontro anual creado para estabelecer relacións entre os creadores literarios nestas tres linguas. O seu obxectivo será representar, promover e defender os escritores en lingua catalá, eúscaro e galega, así como coordinar as accións dos seus membros cara a unha maior eficacia na defensa dos dereitos profesionais en todos os seus aspectos.

O acto de constitución da Federación Galeusca terá lugar o domingo en Poblet, coa asistencia de Guillem-Jordi Graells (Associació d'Escriptors en Llengua Catalá -AELC-), Cesáreo Sánchez Iglesias (AELG), e o da Asociación de Escritores en Euskera (EIE), Fito Rodríguez.

A Associació d'Escriptors en Llengua Catalá denunciou esta semana que unicamente o 5% dos escritores en catalán poden vivir exclusivamente de escribir, segundo o estudo 'Escriure en catala': estat da professionalització', encargado por esta asociación, que asegurou que a situación dos escritores no País Vasco e Galicia é "aínda máis alarmante".

A Federación centrarase na actuación conxunta fronte a organismos e institucións da administración pública, tanto de ámbito estatal como autonómico e europeo, como aquelas de carácter privado en calquera de ditos ámbitos. Así mesmo, Galeusca traballará pola difusión e promoción das respectivas linguas e da produción literaria realizada a través delas nos distintos xéneros e soportes; o desenvolvemento de programas de investigación e formación e encargo de estudos monográficos sobre temas profesionais; a organización de congresos, seminarios, cursos, exposicións e outras actividades colectivas; a edición de documentos, estudos e traballos de divulgación e a participación en organismos públicos e privados.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Paseo literario por Iruña no Galeusca 2006
Paseo literario por Iruña no Galeusca 2006
Cartaz do Galeusca 2007, celebrado en Lugo
Cartaz do Galeusca 2007, celebrado en Lugo