Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concentración a pé dos terreos

Os traballadores de Serrabal impiden o inicio das obras do TAV

Un cento de persoas convocadas pola CIG e a UXT, bloquearon o acceso dos técnicos que ían tomar posesión dos terreos como paso previo ao comezo das obras.

Redacción - 12:20 05/06/2008

A mobilización dos traballadores da mina de Serrabal, que esixen a modificación do trazado da liña de alta velocidade ao seu paso pola mina de cuarzo explotada polo grupo empresarial de Villar Mir, tivo este xoves un novo episodio. Un cento de persoas impediron a primeira hora que topógrafos e técnicos de Adif tomasen posesión dos terreos da mina afectados pola construción da liña do tren entre Santiago e Ourense, primeiro paso para o inicio das obras neste punto.

Os traballadores realizarán quendas día e noite para impedir o acceso ao lugar. Segundo Florentino Castro, do comité de empresa de Ramsa, as actuacións no contorno desta mina, situada entre os municipios de Vedra e Boqueixón, "pon en xogo máis de 500 empregos". Insisten en que cunha leve modificación do trazado se poderían compatibilizar os empregos e o tren de alta velocidade.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: