Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEIP Antonio Insua Bermúdez

Sen feridos nun colexio de Vilalba logo de caer a parede dunha aula con 25 alumnos

O alcalde critica que a Consellaría de Educación faga obras na estrutura do centro en período lectivo.

Axencias / Redacción - 17:50 27/05/2008
Imaxe das obras no Insua Bermúdez

Imaxe das obras no Insua Bermúdez

Unha parede do CEIP Antonio Insua Bermúdez, no municipio de Vilalba (A Terra Chá), derrubouse este martes mentres se realizaban unhas obras no exterior do centro educativo e, aínda que había 25 alumnos de Educación Infantil no interior da aula, non houbo ningún ferido.

No momento do desprendemento, os operarios estaban a colocar un muro lateral de formigón para construír unha escaleira exterior, que "fixo presión" sobre a parede orixinal do centro.

O alcalde, Xerardo Criado (PPdeG), alertou de que "puideron morrer 15 ou 20 nenos", e criticou a Consellaría de Educación por facer este tipo de obras en período lectivo.

Ao lugar desprazouse Luís Manuel Álvarez, delegado provincial do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón, así como persoal da unidade técnica para elaborar un informe sobre o ocorrido.

O centro decidiu suspender as clases de Infantil durante tres días mentres se realizan as tarefas de limpeza e adecuación de varias aulas. O peche afecta a 74 escolares.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: