Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concerto en Compostela

O son lamatumbeiro inicia a xira mundial

Desde este xoves e durante ano e medio, a banda ourensá ten prevista unha intensa actividade de presentación do novo disco.

Redacción - 12:30 22/05/2008


"Moi bos días, xentiña hiperespaciada. É verdade todo iso, que esta fin de semana estivemos facendo un par de aventuras clandestinas por Sansadurneno e A Ramallosa Clandestina, e agora xa estamos todos preparados listos ya! Este xoves 22, a partires das 21:30, vémonos todos e todas na Capitol de Santiago. E se non nos vemos, ¿pois apalpámonos! O que faga falta, pero que non falte ninguén, que pasamos lista! Estas convidado, my friend, estás convidada, meu ben!"

Así o anuncian desde a súa web. Co seu novo disco, Paraugas Universal, Lamatumbá comeza traxecto este xoves 22 en Santiago, na sala Capitol (entrada: 8 euros anticipada e 10 en taquilla). A actuación comezará ás 21h30. Velaí lles deixamos como aperitivo o vídeo, con participación especial de Santiago Pemán, cantando e bailando, e mesmo despedíndose cun boas noites, e ata mañá.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: