Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xornadas sobre transporte

A alta velocidade agocha as necesidades dos camiños de ferro do país

Varios expertos reflexionarán sobre a oportunidade doutro modelo de comunicacións para Galiza.

Redacción - 09:00 21/05/2008

"As comunicacións coa metrópole (Madrid) son importantes, mais teñen valedores abondo", sosteñen desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, "pola contra, a integración do noso territorio é un elemento de desenvolvimento integral imprescindíbel para un progreso sustentábel".

Nese sentido, deseñáronse as xornadas de transporte que terán lugar os días 23 e 24 de maio, co obxectivo de debater sobre as necesidades de "compensar" a desintegración territorial de Galiza "provocada por unha formulación dos transportes feito desde unha óptica localista e sen ter en vista o conxunto da Galiza e a súa conexión co resto do mundo".

O encontro terá un triplo obxectivo. En primeiro lugar, debullará o impacto do tren de alta velocidade, o TAV. Ademais, afondarase de xeito xeral sobre o impacto ecolóxico dos transportes, contrapondo o transporte por estrada e o novo TAV ás posibilidades dunha alternativa de transporte por tren electrificado de proximidade. Un terceiro punto de interese será a achega de solucións á problemática das comunicacións en Galiza, no cadro actual do cambio climático e das emisións de gases de efecto invernadoiro.


Ligazóns

4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: