Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
60 ANOS DA NAKBA

A blogosfera mobilízase a prol de Palestina

Unha cibercampaña propón que todo o mundo dedique o 15 de maio a lembrar o pobo palestino no seu blog.

Redacción - 11:15 15/05/2008
Imaxe promocional da campaña en árabe

Imaxe promocional da campaña en árabe

Este xoves, 15 de maio, fanse 60 anos da Nakba, o día en que o estado israelí comezou a desprazar os palestinos da súa terra. Por iso, dende Global Voices Online fan un chamamento á blogosfera para que se lembre, cando menos por un día, de Palestina. O promotor da iniciativa, za3tar, pide que todo o mundo tente escribir algo sobre o país de Oriente Próximo durante esa xornada.

"Non importa a lingua que se use, nin como se escriba, e pode ser sobre sobre Palestina, sobre o pobo palestino, o seu pasado, o seu presente, o seu futuro, a súa política, sociedade, economía ou calquera outro aspecto". O seu obxectivo é compartir ideas e que os medios de comunicación se fixen no drama palestino.

Outro blog, Sugar Cubes, dá máis detalles: "o 15 de maio, blogueiros de todas partes uniranse para aumentar o interese pola causa palestina e o que aconteceu (e segue a acontecer) hai 60 anos. O teu post pode ser unha imaxe, un artigo, un vídeo ou poema ou algo que queiras dicir". Tamén se creou un grupo en Facebook para coordinar a campaña.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: