Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
1º DE MAIO

Manifesto da Corrente Sindical de Esquerdas, organizada na CIG

Felicítase polo traballo do sindicato e polos seus resultados electorais, mais advirte de que "as políticas de privatizacións de Consellerías, e o seguidismo 'papanatista' do socio nacionalista, van tensionar nun futuro inmediato as relacións do BNG coa nosa Central".

Redacción - 10:42 01/05/2008

Este novo primeiro de maio a Corrente Sindical de Esquerdas, organizada no seo da Confederación Intersindical Galega, quere unha vez máis facer unha valoración da situación do movimento obreiro galego, e mais polo miudo da situación interna dos traballadores e traballadoras afiliadas a CIG.

Este ano de Proceso electoral sindical, a Confederación Intersindical Galega, obtivo uns resultados electorais altamente satisfactorios; ser a segunda forza sindical a poucos delegados da primeira, indícanos que os traballadores e traballadoras galegos confían e dan o seu respaldo ao proxecto sindical que representa a CIG. Proxecto combativo, de confrontación ao sistema capitalista e de fortaleza organizativa.

Este resultado, é un traballo do conxunto da Central Sindical, e unha demostración clara e obxectiva que dende unha comprensión das distintas realidades que conformamos a CIG, cando se deixa traballar e o sectarismo e a persecución ás ideas e concepcións sindicais diverxentes non están como primer problema das "maiorías sindicais", o avance sindical é claro e notorio. E non só no terreo electoral, se non tamén no afiliativo e organizativo.

Nembargantes na CIG déronse debates, intensos e importantes. Boa proba delo é a non suscripción do ACORDO POLO EMPREGO EN GALICIA da nosa Central sindical; onde non todas as sensibilidades internas tiñamos marcados, nen os mesmos tempos, nen nas mesmas coordenadas. Pero o debate profundo e sosegado conseguiu non apostar por un Pacto Laboral en Galicia similar ao Pacto Estatal que era un dos pilares fundamentais do Goberno Bipartito (PSOE-BNG).

Aínda quedan pendentes, algunhas tarefas que o Goberno da Xunta nos está a poñer en custión. As políticas de privatizacións de Consellerías , e o seguidismo "papanatista" do socio nacionalista, vai tensionar nun futuro inmediato as relacións do BNG coa nosa Central Sindical.

Tamén queremos salientar dende a Corrente Sindical de Esquerdas, que a pouco menos dun ano do V Congreso da CIG a nosa posición sindical seguirá a defender obxetivos imprescindibles para que o Sindicalismo Nacionalista sexa o referente dos traballadores e traballadoras galegos organizados na CIG.

A CIG é un sindicato independente e un valor do movemento nacionalista en si mesmo.
A CIG é un garante do sindicalismo de clase, e defensor do dereito de autodeterminacion do pobo galego
A CIG é un sindicato fondamente democrático e asembleario onde as decisións tómanse independetemente da militancia partidista
A CIG é unha organización de loita, e a reivindicacion unha ferramenta imprescindible
A solidariedade é un pilar fundamental da nosa acción sindical, e a caixa de resistencia unha ferramenta ao servicio dos afiliados e afiliadas.
A CIG marca a súa propia estratexia e o seu propio modelo participativo independentemente das propostas partidarias.

En definitiva dende a Corrente Sindical de Esquerdas, poñeremos todos os nosos esforzos para que os millores homes e mulleres do movimento sindical galego, ocupen o lugar que lles corresponde valorándose a súa capacidade, entrega,e combatividade, sin que o seu compromiso militante ao servicio dos traballadores e traballadoras galegos teña que ser visado nin pasar por ningún filtro partidista ou grupo de presión político.

Viva o 1º de Maio
Viva a clase traballadora Galega


Xosé Frc. Miranda Vigo
Secretario de Propaganda Nacional da CIG

Membro da Corrente Sindical de Esquerdas


4.59/5 (29 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: