Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GALIZA VISTE CAMISOLA A RAIAS

The Homens xa teñen vídeo

O clip foi finalista no Festival Internacional de Videoclips, onde recibiu unha mención especial o 'Behind' dos vigueses Catpeople.

Redacción - 17:31 23/04/2008

O vídeo de Calamar, primeiro single do primeiro álbum longo de The Homens (Tres, Falcatruada, 2007), pode verse na web Galiciaaraias.com, creada expresamente para o lanzamento do clip, que se presentará oficialmente o martes 29.

O vídeo foi finalista de Musiclip, Festival Internacional de Música que celebrou en Barcelona a primeira semana de abril. Competía na categoría de vídeo de animación, na que resultou gañador Hairs, de Ridina Ahmetova. O clip de Ulleres per veure-hi malament, de Marc Parrot, foi elixido mellor videoclip en todas as categorías. Tamén recibiu unha mención especial o vídeo de Behind, dos vigueses Catpeople, afincados en Barcelona.



4,78/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: