Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Agora, nunha soa páxina

Todas as actividades dos Centros Sociais de Galiza en rede

Nace unha web que recolle a "semente-feed" dos blogs dos locais de todo o país. Unha versión mellorábel, mais moi útil.

Redacción - 13:15 22/04/2008

Na internet xa é accesíbel un punto de encontro onde saber de todo o que está acontecendo nas redes sociais tecidas a pé de rúa por Galiza. A web www.planetaki.com/csgaliza recolle as últimas entradas que os Centros Sociais de Galiza fan nos seus blogs.

Este semana, por exemplo, os locais sociais do país están cheos de actividades relacionadas coa Revolução dos Cravos e o 25 de abril. Tamén hai información sobre os concertos, os xantares, as charlas e palestras abertas ou as xuntanzas semanais e mensuais que fan as distintas comisións e asociacións que traballan nos Centros Sociais.

A web está na súa primeira versión, mais no futuro vai ser mellorada.


4,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: