Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primarias en Pensilvania

Se Teherán ataca Israel, EUA borrará Irán da face da terra, di Hillary Clinton

A senadora demócrata realizou estas declaracións o día en que xoga grande parte das súas opcións para ser candidata a presidir o seu país.

Redacción - 13:15 22/04/2008
Hillary e Bill Clinton, nun mítin en Filadelfia

Hillary e Bill Clinton, nun mítin en Filadelfia

A senadora demócrata e candidata a liderar o seu partido nas eleccións presidenciais do vindeiro mes de novembro, Hillary Clinton, afirmou que se ela estivese na Casa Branca e o goberno de Teherán atacase Israel con armas nucleares, Estados Unidos estaría en disposición de "desintegrar por completo" Irán.

Nunha entrevista concedida este martes ao programa Good Morning America, da canle de televisión ABC, Clinton foi preguntada por esta posibilidade. "Quero que os iranianos saiban que se eu son presidenta, atacaremos Irán", contestou.

Duro enfrontamento en Pensilvania

Precisamente, esta mesma xornada a senadora por Nova York e mais Barack Obama teñen un novo enfrontamento nas primarias do estado de Pensilvania, unha das últimas grandes citas na carreira pola candidatura á Presidencia dos EUA.

Clinton parte como favorita nas enquisas, mais a cuestión clave reside en ver se conseguirá máis de dez puntos por riba do seu rival, o que lle serviría para argumentar a tendencia á baixa do de Illinois.

Estas primarias estanse a caracterizar polo duro ton dos contendentes, algo que preocupa nas filas do partido, xa que é o candidato republicano John McCain o que podería sacar proveito do desgaste dos demócratas.

Michael Moore apoia a Obama
Por outra banda, o cineasta Michael Moore avalou o aspirante presidencial demócrata Barack Obama nunha mensaxe pendurada o luns na súa web. O texto inclúe loubanzas para o senador de Illinois e críticas a Hillary Clinton, ao Partido Democrata e á administración Bush.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: