Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTOS

Axenda musical para a fin de semana

Destaca a presenza en Galiza de Micah P. Hinson ou The Gift, o Festival Jam da Chicharra (en Pontevedra), ou o Festival V Aniversario Mundo Vermello (en Vilagarcía).

Redacción - 11:18 18/04/2008

Venres, sábado e domingo que prometen choiva; moi acaídos para meterse nunha sala ou nun bar para escoitar a algún grupo. Por exemplo para ver ao norteamericano Micah P . Hinson, que estará en Compostela e Vigo, aos portugueses The Gift, que regresan á Coruña, ou a Tachenko, con actuacións en Vigo e Ourense.

Entre os galegos, destacan as actuacións de The Blows (Laracha), The Homens (Vilalba), Meu (Cedeira), Vale Tudo (Lugo e A Coruña) ou Skarnio (Vigo). Outros cruzan o Miño, como Samesugas, que esta fin de semana actuarán en Coimbra e Vila do Conde, ou Moondog Blues, que o fará no Porto,

E tamén hai festivais: en Pontevedra o II Festival Jam da Chicharra, polo que pasará, entre outros moitos grupos, Kogito; ou o Festival V Aniversario Mundo Vermello, en Vilagarcía, onde estarán Som do Galpóm.

Micah P. Hinson. Beneath the Rose

Venres 18

As Pontes. Fía na Roca. Auditorio Municipal Cine Alovi. 21:30h. 3 euros.
Carballo. Circus + Moebio + Esenia. A Reserva. 23:00h. 6/8 euros.
Cedeira. Meu. Sala Universal.
Coimbra. Samesugas + D3Ö. Ar'd Rato.
A Coruña. Moondogs Blues Party. Sala Garufa. 22:30h.
A Coruña. Holywater. Mardi Gras. 22:30h. 6/8 euros.
A Coruña. Vale Tudo + Above the Tree. Rock'n'Roll Bar. 22:00h. 4 euros.
A Coruña. The Gift. Teatro Colón Caixa Galicia.
Laracha. The Blows. Danton. 00:00h.
Laxe. Som do Galpom. A Ventana. 23:00h.
O Barco. We Are Balboa. Baranda.
Pontecaldelas. Pito de Pikasso. Leblon.
Pontevedra. Kogito + Gurumamut + El Komité del Zementerio Vecinal. Pazo de Exposicións. 22:30h. II Festival Jam da Chicharra.
San Sadurniño. Os Chiquilicuatres de Ribeira. Asociación Cultural DZ. 23:30h.
Vigo. Tachenko. Fábrica de Chocolate. 22:30h. 6 euros.
Vigo. Supersandwich. La Iguana Club.
Vigo. Phobia + Insomnia + Sr. Huevormigo. Sala-Bar Anoeta. 22:00h. 4 euros.

Sábado 19

A Estrada. Nao + Twenty Fingers + Anger Second. Inox. 23:00h. 5 euros.
A Coruña. Final concurso maquetas CUAC F.M. Mardi Gras. 22:00h. 3 euros.
Ferrol. Boy Elliott & The Plastic Bags. Run Rum.
Ourense. Tachenko. Café&Pop Torgal. Festa V Aniversario.
Pontevedra. L.E. Flaco + Sucias Ratas + Duke Sam + VGA en Llamas. Pazo de Exposicións. 22:30h. II Festival Jam da Chicharra.
Porto. Moondogs Blues Party. Maus Hábitos. 23:30h.
Santiago de Compostela. Micah P. Hinson. Sala Capitol.
Vigo. Malevaje. Sala A!.
Vigo. La Vela Puerca. Sala Breogain. 22:30h.
Vigo. A Tuna Rastafari. Fábrica de Chocolate. 22:30h.
Vigo. Skarnio. La Iguana Club.
Vigo. Enkord + Noc + Duplica. Sala-Bar Anoeta. 22:00h. 4 euros.
Vila do Conde. Samesugas + The Jills. Azenha D. Zameiro.
Vilagarcía de Arousa. Som do Galpom + Knell + Es Un Árbol + John Marvellous + Ramblin' Rose. Praza da Peixería. 22:00h. Entrada Gratuita. Festival V Aniversario Mundo Vermello.
Vilalba. The Homens. Fardela. 23:00h.

Domingo 20
Lugo. Barbez + Vale Tudo. Museo Provincial. 21:00h.
Vigo. Micah P. Hinson. Fábrica de Chocolate Club. 22:30h. 15/20 euros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: