Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
LOGO DE DOUS ANOS DE RESISTENCIA POPULAR

A FEG apoia a denuncia do Foro Social de Cangas

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), que agrupa a 17 colectivos ecoloxistas da Galiza, decidíu expresar o seu apoio á denuncia penal presentada polo Foro Social de Cangas o pasado día 24 de marzo contra diversos responsables das actuacións tendentes a concretar unha das máis evidentes operacións especulativas que se poden ollar hoxe en Galicia, e, probablemente, en todo o estado español, a que se pretende facer no Salgueirón, Cangas.

FEG - 22:38 12/04/2008

Esta denuncia xa foi informada polo Xulgado nº 6 de Vigo, admitindo a posible existencia de infraccións penais das comprendidas no artigo 757 da Lei de Enxuizamento Criminal, (penadas con ate nove anos de cárcere).
    O texto da denuncia fai repaso detallado do proceso que sofreu dende o ano 1993 a concesión de terreos de dominio público portuario onde se ubicaba a antiga conserveira Massó Hermanos SA, considerada como a conserveira máis grande de Europa.
    Esta concesión foi adxudicada irregularmente no proceso de quebra da conserveira, inscribiuse no Rexistro de Propiedade en pleno dominio, por titulo de compra, e, sobre os mesmos terreos que ocupaba, se promoveu un concurso para a adxudicación dunha nova concesión para porto deportivo, sen facer caducar nin rescatar a concesión vixente, e ocupando ademais unha concesión da Confraría de pescadores de Cangas.
    O concurso foi adxudicado a unha empresa, Frigoríficos del Morrazo, que iniciou a tramitación ambiental para a construción do citado porto deportivo e asinou un convenio urbanístico co entón alcalde de Cangas, Enrique Sotelo, do PP, para a recualificación de industrial en residencial dos terreos da conserveira en terra.
    Paralelamente, a Autoridade Portuaria de Vigo, transmitiu a titularidade da concesión de fábrica de conservas e a de porto deportivo (que son coincidentes no terreo) á empresa Residencial Marina Atlántica, empresa que en ese momento tiña tamén asinada unha opción de compra sobre os terreos en terra da conserveira.
    Estas manobras, realizadas contra a legalidade vixente, probablemente tiñan por obxecto acelerar a tramitación  dunha recualificación dificilmente xustificable pero tremendamente beneficiosa economicamente.
    Ao botarse abaixo, debido a presión popular, o Plan Xeral promovido por Sotelo, que incluía o convenio urbanístico en cuestión; a concesión do porto deportivo, dependente da Autoridade Portuaria de Vigo, converteuse na arma esgrimida para forzar a pretendida recualificación. Soamente a intervención veciñal conseguiu paralizar unha obra que, nin preguntas parlamentarias nin contenciosos administrativos nin peticións de paralización cautelar conseguían facelo.
    A día de hoxe, outra empresa, Puentes y Calzadas, tomou as rendas de Residencial Marina Atlántica, aínda que sempre cun capital maioritario de Caixanova, e continúa o mesmo xogo: intentar facer valer unha concesión claramente ilegal, pero que depende dunha administración opaca como a da Autoridade Portuaria de Vigo, escudarse na lentitude da xustiza, e , atraendo aos políticos locais (a alcaldesa actual é do BNG e participou nas mobilizacións contra o porto e asinou un acordo de coberno opoñendose a él) con promesas de cesións, obter a lucrativa recualificación.
    Hai irregularidades de outro tipo presentes en outras denuncias en curso (lento), e dous contenciosos presentados pola confraría de Cangas, pero pensamos que esta presenta un repaso o máis claro posible das escuras maquinacións levadas a cabo e debeas mostrar de xeito detallado como esixencia da cidadanía do cumprimento non parcial das leis que a todos/as nos suxeitan.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: