Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTAMINACIÓN

As flores xa non recenden como antes

Un estudo da Universidade de Virxinia asegura que a contaminación dificulta a polinización das plantas por parte dos insectos.

Redacción - 19:00 11/04/2008

A contaminación das centrais térmicas e dos automóbiles destrúe a fragrancia das flores e dificulta a súa polinización, segundo un estudo da Universidade de Virxinia (EUA). O traballo, publicado na revista Atmospheric Environment, conclúe que o efecto dos contaminantes pode explicar a redución das poboacións de insectos polinizadores en varias partes do mundo.

Ese descenso comezou a afectar dende hai uns anos maiormente ás abellas, aos abellóns e ás bolboretas, segundo outros estudos. José Fuentes, profesor de Ciencias Ambientais da Universidade de Virxinia, asegura que as moléculas aromáticas que se producían nun ambiente "menos contaminado, como hai un século, podíanse estender até os mil ou 1.200 metros". Porén, no ambiente das cidades, "non pasan dos 200 ou 300 metros", o que fai que os insectos teñan máis difícil localizar as flores.

Os científicos crearon un modelo matemático que determina que as moléculas aromáticas son neutralizadas rapidamente polos contaminantes. Isto fai que corran perigo tanto os insectos como as plantas: os polinizadores non atopan alimento e as plantas non conseguen reproducirse.


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: