Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTOS EN ESCENARIOS DO PATRIMONIO CULTURAL

'Espazos sonoros': Música entre a pedra

Igrexas, museos, catedrais, e outros espazos históricos acollerán até xuño 66 actuacións de formacións de música clásica e experimental.

Redacción - 11:45 10/04/2008

A música produce distintas sensacións, dependendo moitas veces do lugar no que se interprete ou se escoite. Espazos sonoros é unha iniciativa da Consellaría de Cultura que quere levar a música en directo a algúns dos escenarios con maior valor histórico e patrimonial do país, co obxectivo de poñelos en valor. Serán en total 66 concertos, executados por 25 formacións en 20 espazos distintos, dende esta semana até o 14 de xuño.

O programa estrutúrase en cinco ciclos temáticos: música de órgano, música vocal, música antiga, música de cámara e outros sons, centrado en formacións máis experimentais. A maior parte son grupos e intérpretes galegos, ou vencellados a Galiza, como por exemplo Resonet, Música Antiga E. Ultreia, Camerata Vivace, Arte en Parte, Grupo Instrumental S. XX e Martín Códax, entre outros. Porén, o ciclo tamén contará soa actuación de figuras convidadas de relevo internacional da altura do Ensemble Gilles Binchois, o Cuarteto Quiroga, Martina Schobersberger xunto a Michael Oman, Huun Huur Tu ou o Scorch Trio.

Os concertos terán lugar en catedrais, igrexas, museos e conventos de Santiago, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense, Allariz, Iria-Flavia, Xunqueira de Ambía, Celanova, Ribadavia, Viveiro, Monforte de Lemos ou Tui, entre outras localidades.

Na web do ciclo pódese consultar o calendario completo de concertos, así como acceder a información sobre os artistas participantes e os espazos nos que teñen lugar os concertos.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: