Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CON 'MEMORIAS DA CIDADE SEN LUZ'

Inma López Silva, Premio Blanco Amor 2008

O fallo anunciouse este sábado ao mediodía en Lugo, concello que organiza este ano o galardón.

Redacción - 18:49 05/04/2008

Inma López Silva é a gañadora do Premio Blanco Amor na súa edición 2008. Convértese deste xeito, aos seus trinta anos, nun dos poucos autores que teñen no seu poder os dous grades galardóns de novela entregados en Galiza: Blanco Amor e Xerais, que obtivo en 2002 con Concubinas. De feito, tan só Xosé Carlos Caneiro posúe ambos premios.

Nesta ocasión, o Blanco Amor, convocado por 75 concellos de todo o país e dotado con doce mil euros, organízase en Lugo, onde este sábado pola mañá reuniuse o xurado para anunciar o gañador, e onde se entregará o premio. O xurado estaba formado por Xesús Rábade Paredes (gañador da pasada edición), Marica Campo, Isidro Novo, Dolores Vilavedra e Ramón Nicolás.

Inma López Silva gañou o Premio Rúa Nova en 1996 coa súa novela Neve en abril, ambientada na guerra civil. Seguiron os relatos de Rosas, corvos e cancións, e posteriormente publicou en Galaxia a Neve en abril coa que debutara na literatura, e New York, New York, un resumo das súas vivencias na cidade norteamericana. Ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, e é colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Tamén publicou, en Biblos, Non quero ser Doris Day, finalista do VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

Ao igual que Neve en abril, Memorias da cidade sen luz aborda a Guerra Civil, e percorre a Europa da postguerra.


3.59/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: