Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
AFECTADOS POLA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN SANTA LUCÍA DE MORAÑA

Hoxe entrégase a saúde pública unha nova petición de estudo epidemiolóxico

Esta mañá, Beatriz Diz, portavoz dos veciños de santa Lucía de Moraña afectados pola contaminación electromagnética, entregou vía rexistro a petición de devandito colectivo á Dirección Xeral de Saúde Pública de:

APDR - 22:53 04/04/2008

  ? Un Estudo Epidemiolóxico en Santa Lucía que descarte ou valide a incidencia e/ou relación causal do conglomerado de cancros e outras patoloxías coa exposición residencial e continúa a campos electromagnéticos.

A Clausura cautelar das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador, ante a súa ILEGALIDADE E O DANO FÍSICO (coa potencialidade de enfermidades ou trastornos físicos asociados amplamente pola bibliografía médica á exposición continuada a este tipo de campos electromagnéticos) E O DANO MORAL E PSÍQUICO (propia da incerteza e da imposibilidade de demostrar a inocuidade destas instalacións); reservándose en todo caso as accións xudiciais que puidesen corresponder.

Os veciños afectados mostran nesta contestación a Saúde Pública, a súa decepción porque despois do tempo pasado da 1ª solicitude (con entrada no rexistro do 08.06.08) seguen acumulando casos (chegando xa a 6 casos de cancro no CEIP de santa Lucía) e só recibiron datos epidemiolóxicos a unha escala superior non referida a Santa Lucía, con conclusións que non se poden extrapolar sen caer nunha "fraude científica" ou unha pretensión "interesada" de difuminar e diluír a magnitude das distintas patoloxías referidas. En todo caso os informes achegados polo Servizo de Epidemioloxía de Saúde Pública evaden a hipótese exposta polos veciños de Santa Lucía (Moraña?Pontevedra) que non é outra que a de descartar ou validar a incidencia e/ou relación causal do conglomerado de cancros e outras patoloxías coa exposición residencial e continua a campos  electromagnéticos.
 
Entre os documentos que achegan os veciños de Santa Lucía están os distintos estudos epidemiolóxicos realizados en zonas de antena base de telefonía móbil, concluíndo todos eles nunha maior incidencia de cancro no seu radio de acción. Chamando a atención o último estudo achegado, xa que foi realizado polo sistema nacional de saúde austríaco; o mesmo que se está solicitando que se faga en Moraña.

Esta e a primeira das medidas adoptadas pola asemblea de afectados de Santa Lucía celebrada o derradeiro sábado


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: