Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AXENDA DA FIN DE SEMANA

A que concerto vas ir?

Venres e sábado de grande actividade musical: chegan Nacho Vegas, Standstill, Facto Delafé, Najwajean ou Terrakota. E ademais, Niño y Pistola, Holywater ou The Homens.

Redacción - 13:19 28/03/2008

Se gustas da música, esta fin de semana estás de sorte. Moitos e bos concertos e todas as cidades, que mesmo obrigarán a moitos a ter que facer dolorosas renuncias. Así por exemplo, este venres coinciden en Vigo os cataláns Standstill e Facto Delafé, pero en distintas salas. Tamén o venres actúan en Compostela Barón Rojo en Capitol, e Terrakota na Nasa. E o sábado na Coruña, haberá que escoller entre Standstill e Niño y Pistola.

Destaca, sobre todo a visita de Nacho Vegas, acompañado de Cristina Rosenvinge, este venres na Coruña e o sábado en Viveiro. Ou o Festival do Sar, en Padrón, cun bo feixe de novos grupos galegos, como Noise Project, Som do Galpom ou Loretta Martin. Ademais, concertos de Holywater en Pontevedra, The Homens en Pontecaldelas, e a prensentación en Porto dos talentosos lucenses Vale tudo.

Nacho Vegas & Christina Rosenvinge. Verano fatal

Standstill. 1,2,3 Sol

Venres 28

A Coruña. Heissel. Mardi Gras.
A Coruña. Nacho Vegas & Christina Rosenvinge. Teatro Colón Caixa Galicia, 20.30.
A Coruña. Los Santos. Garufa, 23.00.
Ferrol. NajwaJean. Teatro Jofre, 20.30.
Ferrol. Cornelius. Sala Búfalo, 23.00.
Padrón. Yoplay + Noise Project + Som do Galpom + Delahoja + Kogito + Loretta Martin. Praza de Touros da Barca. 21.30. II Festival do Sar.
Pontecaldelas. Capitán Furilo. Leblon.
Pontevedra. Holywater. Sala Karma, 23.00.
Porto. Vale Tudo, O Meu Mercedes, 23.00. 3 euros.
Santiago de Compostela. Barón Rojo + Eco. Sala Capitol. 21.30. 18 euros.
Santiago de Compostela. Terrakota. Sala Nasa, 21.30.
Vigo. Standstill. Sala Breogain.
Vigo. Facto Delafé y Las Flores Azules. La Iguana Club.
Vilalba. Moondogs Blues Party. Pub Fardela.

29 de Marzo
Bueu. Som do Galpom. Bar Beni, 23.00.
Carballo. Tonhito de Poi e Rasa Loba. A Reserva, 23.00. 5 euros.
A Coruña. Niño y Pistola. Mardi Gras, 22.30. 8 euros.
A Coruña. Standstill. Playa Club. 0.00
A Coruña. Retobato. Garufa.
Culleredo. O Sonoro Maxín. Celas.
Pontecaldelas. The Homens. Leblon.
Pontevedra. Facto Delafé y Las Flores Azules. Sala Karma. 23.00.
Pontevedra. Xosé Manuel Budiño. Centro Social Caixanova.
Vigo. Chimaira + Maroon + The Sorrow + Dead Shape Figure. Sala A!, 20.00. 22/25 euros.
Vigo. Los Crueles + The Passadenas + Die Cadáveras + The Pink Panther. Breogain, Festa Velvet Cave.
Vigo. Capitán furilo. Contrabajo.
Viveiro. Nacho Vegas & Christina Rosenvinge. Teatro Pastor Díaz, 23.30. 3/5 euros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: