Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTO, ESTE MÉRCORES EN COMPOSTELA

Piano Magic: Vangarda e calma

O Centro Sociocultural de Caixa Galicia acolle a partir das nove da noite unha nova actuación dentro do ciclo 'Vangardas sonoras'.

Redacción - 11:47 26/03/2008

Piano Magic é unha banda prolífica, que nos dez anos de existencia, editou nova álbumes, o máis recente o Part Monster que este mércores presentarán en Compostela. Piano Magic comezou a se converter nunha referencia grazas a discos redondos como Artists´Rifles (2000) ou The Troubled Sleep of Piano Magic (2003).

O seu estilo, mesturando pop, folk e electrónica, entra dentro do post-rock, do ambient ou do chamado indietrónica. As contradicións comezan cando, tratándose dun grupo británico, que canta en inglés e está estabelecido en Inglaterra dende hai máis dunha década, está formado na súa totaidade por músicos franceses. A outra, quizais, podemos atopala no mesmo nome da banda, pois o piano non é fundamental nas súas composicións nin nos seus directos.

O concerto, para os que xa se esgotaron as entradas, comezará ás nove da noite deste mércores. O ciclo 'Vangardas Sonoras' xa trouxo a Galiza nos últimos meses a artistas como Sid Griffin ou The Frank and Walters, e este venres contará coa actuación de Nacho Vegas na Coruña.

Piano Magic. Jacknifed


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: