 
 
Publican un documento conxunto onde subliñan que a decisión atende ás conclusións ao respecto da Unión Europea e do Consello Europeo.
Hungría foi o primeiro dos tres gobernos en anunciar que inicia de xeito inmediato os trámites necesarios para estabelecer relacións diplomáticas co novo estado independente. Anteriormente e nun comunicado conxunto, Hungría, Croacia e Bulgaria xa avanzaran a súa decisión neste sentido.   
  
  O executivo húngaro explica que Kosovë, tal e como se denomina oficialmente en lingua albanesa o novo estado independente, só poderá superar a crise actual cunha independencia "controlada internacionalmente". O texto indica tamén que o acontecido en Kosovë debera entenderse como un caso "único" e non ser utilizado como punto de referencia noutras demandas de independencia.   
  
  Por outro lado, o comunicado de húngaros, búlgaros e croatas tamén chama a respectar as minorías existentes no novo estado, en atención aos serbo-kosovares. Ademais, salientan a súa intención de aumentar as relacións bilaterais "co pobo serbio".   
  
  Fronte ao anuncio, o ministro serbio de Exteriores, Vuk Ieremic, advertiu de que os países que recoñezan a independencia kosovar "non poderán esperar ter boas relacións con Serbia".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto